Destacados

Vota o Premio do Público Culturgal 2019

Vota o Premio do Público Culturgal 2019

Tres proxectos destacados e relevantes para a sociedade, vinculados á cultura galega, saen a rede para disputar o Premio do Público Culturgal 2019. Desde o 5 de novembro, o público pode escoller nesta máis que cordial competición as súas preferencias culturais entres tres candidaturas: Novos Cinemas ( Festival Internacional de Cinema de Pontevedra), o Club Clavicémbalo de Lugo e o Eidos Fest (Fundación Uxío Novoneyra no Courel).  As asociacións gremiais que forman parte de Culturgal acordaron seleccionar estas  iniciativas polas que o público da Feira nas redes ten que se decidir. Visibilizar e valorar propostas que se relacionan directamente coa sociedade civil, fomentan a súa implicación e promoven a transversalidade e a colaboración. Eses son os obxectivos da iniciativa da Feira para este premio que se pode votar en liña a partir do martes 5  até o martes 19 de novembro. A 12ª Culturgal, que se desenvolve do venres 29 de novembro ao domingo 1 de decembro no Pazo da Cultura de Pontevedra, reserva un acto na xornada de peche para a entrega do Premio do Público.

 

VOTA AQUÍ: https://bit.ly/2NCJqVO