Destacados

Talía Teatro trae as “Lambetadas” a Culturgal

Talía Teatro trae as “Lambetadas” a Culturgal

Lambetadas, matinal o domingo 1 de decembro no Auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra, dirixido a público infantil e familiar. Un espectáculo especial de Talía Teatro na Culturgal 2019 con entrada independente da Feira xa á venda AQUÍ 

 LAMBETADAS é un espectáculo para público familiar e infantil, recomendado para nenas e nenos de 6 a 11 anos de idade, que ten como obxectivo fundamental a concienciación e posta en valor da lingua propia como elemento fundamental da identidade individual e colectiva na sociedade galega actual. 


O traballo de creación baséase nos textos encargados ex profeso a varios autores (Santiago Cortegoso, Séchu Sende e María Canosa Blanco ), que son levados a escena baseándose no universo do clown e nas técnicas do teatro de obxectos. Con María Ordóñez e Diego Rey.

Dous personaxes excéntricos entran en escena. Como non saben quen son, nin de onde veñen, nin cara a onde van, non lles queda máis remedio que coñecérense, tanto un ao outro como a eles mesmos. O que descobren é que para atopar a súa identidade deberán saber o que lles pasa ás súas linguas. Porque sen unha lingua propia chea de saúde non se poden lamber as lambonadas, que é o máis rico que hai. 


http://taliateatro.gal/