Destacados

No cinema da Culturgal 2019

No cinema da Culturgal 2019

Na sala de cinema que temos preparada na Feira 2019 o sábado 30 será xornada de documentais -un deles dirixido especificamente a público infantil- e o domingo 29 de obras de ficción. Aínda que ás veces os límites dunha cousa ou outra xa sabedes que enredan; na 12ª Culturgal recibimos os Chévere e a preestrea de Eroski Paraiso, un proxecto que salta do escenario teatral á pantalla. Tamén nos visita en 2019, neste caso o domingo 1, Oliver Laxe, que introducirá a proxección de O que arde, o xa fenómeno cinematográfico do país.

Venres 29 de novembro

11:30. Charla formativa sobre financiamento de coproducións internacionais de cine. Xunta de Galicia. Estudo do caso práctico de financiamento do filme O que arde, coprodución internacional entre España, Francia e Luxemburgo co soporte de diversas entidades clave no financiamento do cinema europeo impulsado desde Galicia, como a Xunta de Galicia, CRTVG, ICAA, EURIMAGES, CNC, Film Fund e outros. Imparte: Xavi Font, produtor de O que arde e compositor Presentan: Jacobo Sutil, director da Agadic, Jorge Soto, vicerreitor do Campus de Pontevedra (UVigo), e Xavi Font. AULAS

Sábado 30 de novembro

12:00. ’Camiño de Inverno’ de Jaime Pardo Valdés (2019). Xacobeo 2021 Xunta de Galicia. As paisaxes, a historia, o patrimonio cultural, a gastronomía, as súas xentes e forma de vida, neste documento ao redor do Camiño de Inverno. Duración: 52 minutos. SALÓN DE ACTOS

17:00. ‘Gallo’ (2018). Frida Films. Un documental de Antonio Díaz Huerta sobre o surfista Aitor Francesena. Realizado entre realizado entre Galicia, País Vasco e California, narra a historia deste surfista cego e de como enfrontou os seus propios medos. Duración: 82 min. Asiste: Sara Horta, axudante de produción. SALÓN DE ACTOS

19:00. ‘Eroski Paraiso’ (2019). Ollovivo Producións e Chévere Producións. Preestrea da longametraxe Eroski-Paraíso dirixida por Jorge Coira e Xesús Ron a partir da obra homónima da compañía Chévere. A historia de Eva, Antonio e a sala Paraíso na ollada da súa filla Alex. Un luxo poder descubrir a película días antes da súa chegada ás salas comerciais. Duración: 76 minutos. Asisten: Xesús Ron, codirector do filme, Patricia de Lorenzo e Miguel de Lira, actriz e actor protagonista. SALÓN DE ACTOS

Domingo 1 de decembro

17:00. Atopando o camiño’ (2019). Curtametraxe dirixida a público infantil. Curtametraxe infantil de ficción enmarcada na contorna do Camiño de Santiago e protagonizada polo alumnado do CEIP Parada-Campañó que emprende unha viaxe inesquecible. En colaboración coa Universidade de Vigo, Volvemos a Primera Producciones Audiovisuales e o gaiteiro Óscar Ibañez, entre outros. Duración: 30 minutos. Asisten: María Fanjul e Andrés Castro, codirectores, e Óscar Ibáñez. SALÓN DE ACTOS

18:00. ’O que arde’ (2019). Na Culturgal temos a sorte de pechar a edición co pase da película do ano en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística  e coa presenza, ademais, do seu director. A película  ’O que arde’, Premio do Xurado da sección Un certain regard do pasado Festival de Cannes, está ambientada nunha aldea da montaña de Lugo e os seus dous papeis protagonistas son interpretados por Amador Arias e Benedicta Sánchez. Produción: Miramemira, 4A4 Productions, Kowalski Films, Tarantula. Duración: 85 minutos. Asisten: Oliver Laxe, director, e Valentín García, responsable da SXPL. SALÓN DE ACTOS