Destacados

Marful ao vivo na Culturgal con Sabela OT

Marful ao vivo na Culturgal con Sabela OT

Na Culturgal 2019 estamos felices de anunciar o espectáculo especial do sábado 30 de novembro co reencontro de Marful nos escenarios. No Auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra tamén atoparemos a Sabela Ramil, a cantante finalista da edición 2018 de Operación Triunfo e admiradora da banda, que colaborará con eles neste directo que xa ule a auténtico pracer. As entradas xa están á venda en www.ataquilla.com. A 12ª Culturgal Feira das Industrias Culturais celébrase en Pontevedra do 29 de novembro ao 1 de decembro.

Marful danse a derradeira lambedela en  Pontevedra, na CULTURGAL acompañados da cantante Sabela Ramil (finalista de Operación Triúnfo) o vindeiro sábado 30 de novembro. Tras seis anos de ausencia escénica. Neles, Marcos Teira (guitarra), Pedro Pascual (acordeóns diatónicos), Pablo Pascual (clarinetes) e Ugia Pedreira (voz) andaron outros camiños, corredoiras, congostas e cons. Con proxectos individuais, diferentes, con outras producións e outros asuntos. E será en novembro, no Culturgal, onde se darán o pracer de rememorar, reconstruír e gozar xuntos outra vez, máis unha vez, para logo voltar aos seus proxectos artísticos e persoais ineludíbeis. Mais non será este un pracer onanístico. Partillarano co seu publico. Fiel e Sensible, “valente con valor”. E estarán acompañados no palco pola cantante Sabela Ramil, cantando o Tristras, a célebre peza de Marful que ela escolleu para a final de Operación Triunfo, e que tantos parabéns colleitou entre o xurado do concurso. Mais se cadra non é o único tema que toca canda a banda, da que se confesou admiradora.