Destacados

Consulta o programa infantil da Culturgal 2019!

Consulta o programa infantil da Culturgal 2019!

Culturgal Feira das Industrias Culturais, do 29 de novembro ao 1 de decembro de 2019 no Pazo da Cultura de Pontevedra, é unha cita especial para nenas e nenos!

TODO O PROGRAMA INFANTIL CULTURGAL 2019  AQUÍ (pdf)

A rapazada é público protagonista na Feira; para ela, novidades e estreas. O programa da 12ª Culturgal reserva grandes sorpresas: música, teatro, danza, libros, arte, ciencia e moitos, pero que moitos obradoiros nos que falar, movernos e descubrir.  

Ademais, espazo gastro para almorzar ou merendar, co mesmo horario da Feira e visitas teatralizadas con Barafunda Animación o venres 29 pola mañá. Os centros escolares interesados poden solicitalas a info@culturgal.com. Prazas limitadas.

A entrada a Culturgal até os 14 anos (incluídos) ten un prezo especial de 2 euros. Menores de 3 anos teñen entrada libre. Consulta as entradas a prezos reducidos para grupos familiares en www.cultur.gal. Se non queres agardar o día da túa visita, xa podes adquirir a túa entrada á Feira en ataquilla.com. Nenas, nenos, familias: dámosvos a benvida a Culturgal 2019 no Pazo da Cultura de Pontevedra.