Destacados

A BSO da Culturgal 2019: viva a música!

A BSO da Culturgal 2019: viva a música!

Tres días de música na Culturgal, con showcases, lanzamentos de discos e sinaturas e encontros con artistas. Moitas mulleres na Carpa nesta edición décimo segunda da Culturgal, propostas de contundencia sonora como a de Dios Ke Te Crew e moita música en brazos da poesía. Se o domingo 1 de decembro, as propostas da Carpa terán máis en conta ao público familiar e infantil, o sábado 30, con 10 showcases durante todo o día, a música en diferentes estilos e formatos tomará a Feira para goce de públicos curiosos e amantes da música.

Lanzamentos agardados como o de Tanxugueiras, en plena campaña de presentación do seu segundo disco Contrapunto, que ofrecen un showcase na Carpa o sábado pola tarde (pisaron máis de cen escenarios co seu primeiro traballo) ou a banda hip hop máis popular do país, Dios Ke Te Crew, que ofrece un showcase o mesmo día ao redor do seu último proxecto “O ciclo da Serpe”. Os concertos da Carpa Culturgal teñen formato mini, con 30 minutos de duración; o acceso á Carpa é gratuíto coa entrada xeral da Feira (3 euros, menores 14, 2 euros).

Entrada aparte ten o espectáculo especial do sábado 30 no Auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra. Ás 21:30 o retorno de Marful ao vivo coa colaboración de Sabela (OT 2018) traza na Culturgal un momento único e exclusivo. Ás entradas para este concerto están á venda en ataquilla.com

O programa musical Culturgal 2019 arranca o venres 29 con Canto D´aquí, grupo de música popular portuguesa e pandereteiras das que levantan o espírito: Bouba Pandereteiras. Abren na Carpa unha programación que contará durante tres días con Nastasia Zürcher, Fran Amil, Ángel Paz, Sheila Patricia, Silvia Penide e máis

A Feira fai un convite ao público a bailar na xornada dominical coa proposta de Oîma en horario vermú; chegan á Feira para convertela nun torreiro de baile, din. Antes, na mañá do domingo 1, se desexan ver unha proposta singular, a Carpa acolle a Lulavai,  catro artistas para este insólito cuarteto de arpas celtas e voces, e non perdan o showcase de A banda da Loba, co seu segundo disco “Fábrica de luz”!

 

Venres 29 novembro

18:30. Canto D´aquí. Rede da GaliLusofonía. Grupo de música popular portuguesa. CARPA

19:30. Bouba Pandereteiras. O seu berro de guerra: Festa, a nosa!  Con María Iglesias, Olga Romasanta, Macarena Rodríguez e Carme Iglesias, voces e percusión. CARPA

20:30. Nastasia Zürcher. Trasnosound. CARPA

 

Sábado 30 novembro

11:30.Fran Amil presenta POPSÍA. Novo disco que verá a luz en 2020 cunha escolma de poetas galegos e galegas dende o medievo até os nosos días, en clave de música pop, swing e folk. Con Antón Torroncho, baixista, Miguel Paz, batería e coros, Carlos Fandiño, piano, e Fran Amil, guitarra acústica e voz. CARPA

12:30. “Rostros invisibles”. Ángel Paz. O primeiro traballo discográfico en solitario do guitarrista e compositor pontevedrés está baseado no libro Invisibles de Montse Fajardo. Un disco de rock feminista cun son americano. Con Ángel Paz, guitarra, Rodrigo Valiente, voz, Adrián Saavedra, baixo e teclados e Ximo Sanchis, batería. CARPA

 13:30. “Tabú”, unha obra orixinal de Carmen Conde.  Dezdedez en colaboración con Tarabela Creativa. Carmen Conde, coa música en directo de Nastasia Zürcher, narra historias de mulleres galegas reais de bisbarras rurais de entre 70 e 95 anos que falan das suas primeiras experiencias (sexuais, ir ás festas), eses tabús que por fin son desvelados en escena.CARPA

16:30. Canta, miña pedra, canta. Homenaxe a Antonio Fraguas de Xoán Curiel. Galaxia. Un espectáculo familiar ao redor dos relatos populares e cancións recollidas por Fraguas. Recomendado entre 6 e 12 anos. CARPA

17:30. Deteriorados en concerto. CRTVG. CARPA

18:30. Tanxugueiras. Play Plan.  O segundo disco de Tanxugueiras preséntase en sociedade! Tanxugueras incrementa as revolucións do folk galego. Co seu disco de debut, un repertorio escollido para amosar a esencia da tradición, Olaia Maneiro, Sabela Maneiro e Aida Tarrío chegaron a máis de 100 escenarios dentro e fóra das nosas fronteiras. Unha aposta sen corsés enchida de virtuosismo e contundencia que continúa en “Contrapunto”. CARPA

19:30. Sheila Patricia. O espectáculo " Mar e Terra" na Culturgal. Con Sheila Patricia, voz, guitarra, loops, e Mauricio Caruso, guitarra. CARPA

20:30. Dios Ke Te Crew. Cunde. O grupo de rap máis famoso de Galicia cun showcase do seu último disco: “O ciclo da serpe”. ESPAZO CARPA

21:30. Marful con Sabela (OT) ao vivo. Espectáculo especial Culturgal 2019. Marful reúnese seis anos despois dos seus últimos concertos. A banda ( Marcos Teira, guitarra, Pedro Pascual, acordeón, Pablo Pascual, clarinete, e Ugia Pedreira, voz) chega á Feira, coa colaboración Sabela Ramil, a cantante finalista da edición 2018 de Operación Triunfo, nu directo que xa ule a auténtico pracer.  Marful tamén conta cos músicos colaboradores do seu último disco “Manual de Seducion”: José Manuel Díaz, contrabaixo, e Leandro Deltell, batería. Entradas desde 8 euros en ataquilla.com. AUDITORIO DO PAZO DA CULTURA

 

Domingo 1 decembro

11:30. Quero Cantar. Deputación da Coruña. Concerto coas dúas bandas gañadoras do IV Certame Quero Cantar (infantil e xuvenil).Unha festa para presentar as cancións coas que gañaron o certame. CARPA

12:30. Lulavai. Músicos ao vivo. Catro artistas forman este insólito cuarteto de arpas celtas e voces. Sobre os escenarios dan vida a ensoñadoras melodías, baseadas na música tradicional galega, mixturadas con pinceladas de clásica, músicas do mundo, e todo iso aderezado por orixinais arranxos e composicións. Con Paula Oanes Pazos, Josefa Fernández Osorio, Elena Paz Alonso e Lorena Reinaldo Lusquiños. CARPA

13:30. OÎMA en concerto. Vén bailar á Culturgal! Presentación do primeiro disco de Oîma, "Ala! Unha proposta musical concibida para converter os campos da festa en torreiros de baile. O grupo está integrado por Antía Ameixeiras (violino), Olalla Liñares (clarinete) e Martiño Senande (acordeón diatónico). Música tradicional e de composición propia, ligando os ritmos galegos (muiñeira, xota, pasodobre, valse) cos doutras latitudes (chapeloise, scottish, bourrée, rachenitsa). Un convite participar da súa música a través das diferentes danzas do mundo. CARPA

17:30. “O Veleiro Verde” de Maria Fumaça. Galaxia. Novo disco da familia María Fumaça e veñen de presentación á Feira! CARPA

18:30. Silvia Penide: "El Efecto boomerang". 10d10. O sétimo disco de estudio da artista continúa o seu tour 2019. Con Silvia Penide (voz e guitarra) Bruno Couceiro (batería) Paul Álvarez (guitarra) e Carla López (piano/teclado). CARPA

19:30. A banda da Loba presenta “Fábrica de luz”. Seispés Producións Creativas. Despois do éxito obtido co seu primeiro traballo, "Bailando as rúas", Xiana Lastra (voz), Marcela Porto (percusión), Inés Mirás (guitarras), Andrea Porto (baixo) e Estela Rodríguez (violín), continúan a xirar o caleidoscopio na busca de sons e ritmos que non exploraran ata o momento. CARPA

16:30. O Colo das Palavras. Asociación Semente Trasancos. Música e poesía para presentar un libro-cd con 16 poemas, da autoria de Antón Cortizas e Antia, Rosalia e Catarina Cortizas Leira, musicados por Oscar Fojo Lamas, João Afonso, Sílvia Fojo, Cé Orquestra Pantasma, Xurxo Souto, Manolo Bacalhau, Guadi Galego, Tanxugueiras, Sofía Espiñeira, Caxade, Uxía Senlle, Sara Vidal, Fatado do Colo (Leandro Lamas, Silvia Fojo, Paula Fojo, Lorena Montero) e Xoán Padín. Algúns deles estarán na Feira! Un traballo ilustrado por Leandro Lamas. CARPA