Destacados

A BSO da Culturgal 2019: viva a música!

Tres días de música na Culturgal, con showcases, lanzamentos de discos e sinaturas e encontros con artistas. Moitas mulleres na Carpa nesta edición décimo segunda da Culturgal, propostas de contundencia sonora como a de Dios Ke Te Crew e moita música en brazos da poesía. Se o domingo 1 de decembro, as propostas da Carpa terán máis en conta ao público familiar e infantil, o sábado 30, con 10 showcases durante todo o día, a música en diferentes estilos e formatos tomará a Feira para goce de públicos curiosos e amantes da música.

Abre os ollos, unha sesión práctica coa ONCE

Culturgal 2019 e o Centro de Recursos Educativos da ONCE en Pontevedra presentan:
"Abre os ollos: cultura accesible non é un título de ciencia ficción" Unha sesión práctica na Culturgal.

Culturgal 2019 en bus

Queremos que veñas comodamente a Culturgal. Porque Culturgal é a Feira da cultura feita en toda Galicia.

 

Marful ao vivo na Culturgal con Sabela OT

Na Culturgal 2019 estamos felices de anunciar o espectáculo especial do sábado 30 de novembro co reencontro de Marful nos escenarios. No Auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra tamén atoparemos a Sabela Ramil, a cantante finalista da edición 2018 de Operación Triunfo e admiradora da banda, que colaborará con eles neste directo que xa ule a auténtico pracer. As entradas xa están á venda en www.ataquilla.com. A 12ª Culturgal Feira das Industrias Culturais celébrase en Pontevedra do 29 de novembro ao 1 de decembro.

 

No cinema da Culturgal 2019

Na sala de cinema que temos preparada na Feira 2019 o sábado 30 será xornada de documentais -un deles dirixido especificamente a público infantil- e o domingo 29 de obras de ficción. Aínda que ás veces os límites dunha cousa ou outra xa sabedes que enredan; na 12ª Culturgal recibimos os Chévere e a preestrea de Eroski Paraiso, un proxecto que salta do escenario teatral á pantalla. Tamén nos visita en 2019, neste caso o domingo 1, Oliver Laxe, que introducirá a proxección de O que arde, o xa fenómeno cinematográfico do país.

O sector do videoxogo pide paso na Culturgal

A décimo segunda edición de Culturgal conta cun convidado que até o momento só asomara o nariz en anos anteriores. O sector do videoxogo é unha das presenzas novidosas desta Culturgal, que se desenvolve do 29 de novembro ao 1 de decembro no Pazo da Cultura de Pontevedra. 

Talía Teatro trae as “Lambetadas” a Culturgal

Lambetadas, matinal o domingo 1 de decembro no Auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra, dirixido a público infantil e familiar. Un espectáculo especial de Talía Teatro na Culturgal 2019 con entrada independente da Feira xa á venda AQUÍ 

Vota o Premio do Público Culturgal 2019

Tres proxectos destacados e relevantes para a sociedade, vinculados á cultura galega, saen a rede para disputar o Premio do Público Culturgal 2019. Desde o 5 de novembro, o público pode escoller nesta máis que cordial competición as súas preferencias culturais entres tres candidaturas: Novos Cinemas ( Festival Internacional de Cinema de Pontevedra), o Club Clavicémbalo de Lugo e o Eidos Fest (Fundación Uxío Novoneyra no Courel).

 

A cita con culturgal

Culturgal celébrase os días 29 de novembro a 1 de decembro de 2019 no Pazo da Cultura de Pontevedra. Nas datas habituais e, como non pode ser doutra forma, o mesmo espazo no que ao redor de 15.000 persoas danse cita anualmente na Feira das Industrias Culturais. Unha décimo segunda edición da Culturgal para facer da cidade de Pontevedra un lugar de encontro confortable, eficiente e novedoso con centos de liñas cruzadas entre públicos, expositores, creación, difusión, institucións, participación, venda, distribución, formación...