Expositores

Plano. Situación dos stands na feira

Editorial Bululú

Igual que este actor que no século XVI mudaba a súa voz conforme ao personaxe que representaba, o noso soño é dar a cada libro a súa su propia voz. Porque, así como en Galicia o bululú incorporou ao seu espectáculo elementos escenográficos, títeres e retablos, Editorial Bululú aprende desta unión entre o narrativo e o visual, apostando pola edición detallista, a renovación de formatos e a singularización e enriquecemento que a ilustración aporta á literatura. 

Editorial Galaxia

Pasado máis de medio século da súa fundación, a Editorial Galaxia, con case 3.000 títulos editados e un catálogo vivo de 1.500, constitúe hoxe a referencia histórica da edición en lingua galega.

Escena Galega

Con 17 anos de vida ESCENA GALEGA é a asociación de referencia do sector profesional en Galicia, actualmente con 38 compañías asociadas. Somos un colectivo comprometido coa defensa da lingua e a cultura como ben común, que traballa na interlocución coas institucións e cos distintos axentes implicados na modernización do sector das artes escénicas e que busca conexións estratéxicas con asociacións afíns doutros territorios, cuestións todas estas enfocadas a mellorar a capacitación profesional das empresas asociadas, tentando ofrecerlles día a día máis servizos para artellar un sector forte, unido e mellor vertebrado.

 

 

Espazo Lector Nobel

Venda de libros, papelería e xogos educativos

Fundação Bienal de Arte de Cerveira

Espazo Arte Contemporánea

Unha referencia  de primeira orde en Portugal no ámbito da arte contemporánea, que sempre marabilla na Culturgal. Un espazo cultural de excelencia creativa con capacidade de promover un modelo de desenvolvemento non só en Portugal senón no ámbito internacional.

 

Hércules de Ediciones

Hércules de Edicións é a principal dás tres empresas editoriais e unha fundación cultural que conforman o Grupo Hércules Global. A empresa nace na Coruña en 1985 coa pretensión de impulsar a cultura galega a través de grandes obras de divulgación dende o rigor e a calidade. Xa en pleno século XXI, Hércules emprende novos retos e expande ou seu radio de acción a través de dúas vertentes editoriais: por unha banda, o “libro-obxecto” de gran formato, cunha esmerada parte gráfica e coidadísimas edicións. Por outro, a edición de libros de temas de actualidade e literatura infantil e xuvenil.