Expositores

Plano. Situación dos stands na feira

Deputación de Ourense

Espazo Arte Contemporánea

Desprazados

Espazo Arte Contemporánea

Dios Ke Te Crew. Cunde

Os rapeiros máis populares do país comezan lanzamento de disco ao grande e durante os 3 días da Feira con stand. www.cunde.gal

Dispara / Tono Arias Fotografía.

Librería especializada en fotolibros. Fotografía comercial, documental e artística.

 

 

Edicións Embora

Empresa editorial fundada en Ferrol, en 1993.O catálogo histórico de Edicións Embora supera os 500 títulos, dos que algo máis de 200 forman parte do seu catálogo vivo. A maior parte dos títulos editados fórono en lingua galega. A editora posúe un notable catálogo literario (narrativa, teatro, xornalismo e memorias) e de literatura infantil e xuvenil (álbum ilustrado, narrativa, poesía e teatro). Mantén tamén varias coleccións de historiografía centradas nos ámbitos xeográficos de Ferrolterra, a Costa da Morte e a Mariña luguesa e desde hai poucos anos, unha colección sobre Feminismo.

Edicións Fervenza

Desde Silleda, edicións de libros infantís, novelas, relatos, teatro, poesía, musical. Impulsora do concurso de relatos "Balbino"

Editora Urutau

A editora Urutau é unha pequena casa editorial brasileira-galega-portuguesa, cunha liña editorial focada na poesía contemporánea dos tres países en portugués e en galego, conta cun catálogo de máis de 200 títulos, entre eles os das poetas galegas Arancha Nogueira, Silvia Penas Estévez e Eli Ríos.