Expositores

Plano. Situación dos stands na feira

Carlos Meixide / Cris Cras Crus

Edición de libros. Novelas de Carlos Meixide, colección Bestiario do Vestiario de Martiño Suárez, álbums infantís de Cris Cras Crus.

 

 

Casa de Rosalía

A Fundación Rosalía de Castro ten como finalidade fomentar e difundir a memoria de Rosalía de Castro, así como conservar o conxunto da súa Casa-Museo de Rosalía. En 2018 a Casa de Rosalía foi a gañadora do Premio do Público Culturgal.

Catro Ventos Editora

Catro Ventos Editora S. Coop. Gal. é unha editora adicada á publicación de obras sobre ecoloxía, economía social, consumo responsable, crianza alternativa e dereitos humanos. Levamos desde 2016 publicando obras que na actualidade conforman un catálogo que non deixa de medrar con 14 títulos publicados até o de agora e con 3 títulos en preparación para o que queda de 2019. Conformada como Sociedade Cooperativa Galega, traballamos tomando como base os principios da Rede de Economía e Alternativa Solidaria (REAS): sustentabilidade ambiental, equidade, traballo xusto, cooperación, sustentabilidade económica e compromiso coa contorna.

CGAC

Espazo Arte Contemporánea

Despois de compartir a celebración dos seus vinte e cinco na edición pasada, o Centro Galego de Arte Contemporánea chega a Feira para mostrar a súa misión e con actividades como os obradoiros de arquitectura para rapazada.

 

colectivoLAG

Espazo Arte Contemporánea

Consorcio Editorial Galego

Esta ditribuidora, fundada en 2003 por tres editoriais galegas: Promocións Culturais Galegas, S.A. (A Nosa Terra), Baía Edicións, S.L. e Sotelo Blanco Edicións, S.L., distribúe hoxe o fondo de máis de cen editoriais. Situada en Redondela, nace coa intención de darlle ao libro galego o tratamento que precisa, promocionándoo e situándoo de xeito rotundo no mercado, ao alcance do público.

Contos Estraños

Asociación editorial sen ánimo de lucro dedicada á edición e promoción da literatura fantástica galega.

CRTVG

A Corporación Radio e Televisión de Galicia participa un ano máis na Feira cun stand na que o público pode gozar dun plató virtual e de máis propostas lúdicas. 

Deica Creacións!

Un proxecto creativo inspirado na cultura galega. Complementos ilustrados e obra gráfica baseados na tradición e no carácter do país co obxectivo de favorecer a difusión da nosa identidade.