Expositores

Plano. Situación dos stands na feira

APAMP

Asociación de Familias de Persoas con Parálise Cerebral. Alá polo ano1977 comezaba a aventura dun pequeno grupo de pais. Poñían en marcha a asociación APAMP. A necesidade de buscar naquel momento un lugar no que os seus fillos (persoas con parálise cerebral) puidesen desenvolver as súas habilidades, compartir con outras persoas, deixar atrás o illamento que moitos estaban a vivir e empezar unha nova vida, comezaba a coller forma.O camiño non foi nada fácil, máis ben diría, que foi duro e difícil. Pero o tesón e a ilusión daqueles pioneiros e o traballo que veu detrás, sempre cargado de entusiasmo, fixeron posible esta realidade marabillosa.Máis de cen usuarios poden utilizar os diferentes servizos que APAMP presta hoxe en Vigo e a súa área metropolitana.

Apiario

Apiario é un proxecto cultural onde se tecen obradoiros e cursos de formación literaria e artística cun selo editorial independente. 

Apo´strophe

Espazo Arte Contemporánea

ArteHorror

Espazo Arte Contemporánea

Asociación Galega do Videoxogo

Universidade da Coruña, Gato Studio, Mundos Digitales, Polygon-e, Revista Morcego KST e Imaxin Software

Asociación Puntogal

Xestora do dominio .gal e defensa da lingua e cultura galegas.

 

 

Ateneo de Pontevedra

O Ateneo é un referente na cidade de Pontevedra e as súas actividades están dirixidas a todas aquelas persoas interesadas polo desenvolvemento humano, social e cultural do noso tempo.
Con máis de medio século de traxectoria (constitúese o 25 de outubro de 1965), as preocupacións e intereses que conforman a súa identidade reflíctense nos contidos dos actos incluídos na súa ampla programación anual.

 

Barafunda

Máis de vinte anos traballando no mundo da animación. O noso equipo de profesionáis encárgase do coidado do máis importante que temos na casa: as nenas e nenos.

Brazolinda

Deseñamos e fabricamos xogos de mesa en galego. Estes xogos poñémolos tamén á disposición dos visitantes para que poidan xogar con eles.