Entradas

Todas as entradas Culturgal 2019

Entradas en ataquilla.com con gastos de xestión

  • Entrada persoa adulta 3€
  • Entrada. Infantil 2€ (até 14 incluídos, de 0 a 3 de balde)
  • Bono 3 días adulta 5€
  • Bono 3 días infantil 3€

Entrada en billeteira física e venda telefónica 902 504 500

(de 8 a 22 horas) de luns a sábados non festivos

  • Pack familiar 2 adultos+3 infantil. 10 euros.
  • Pack familiar 2 adultos+4 infantil. 11 euros
  • Entrada Grupos. Mínimo 10 persoas. 2€ persoa

*A venda online ten gastos de xestión.

Culturgal en Autobús

Queremos que veñas comodamente a Culturgal vivas onde vivas. En 2019, cinco cidades, cinco puntos de saída e retorno en autobús. Porque non queremos que quedes sen vir. Porque Culturgal é a Feira da cultura feita en toda Galicia. Si, desde Ferrol, A Coruña, Santiago, Lugo e Ourense, tes un pack de viaxe máis entrada á Feira. Saídas o sábado 30 de novembro ás 10.00 h e regreso ás 20:00. As prazas son limitadas.

Entrada + Autobús. Só para sábado 30 de novembro.

Saída ás 10.00 h das localidades con regreso ás 20.00 h

  • Ferrol. 14€
  • Coruña. 14€
  • Santiago. 12€
  • Lugo. 14€
  • Ourense. 12€

 

A cita con culturgal

Culturgal celébrase os días 29 de novembro a 1 de decembro de 2019 no Pazo da Cultura de Pontevedra. Nas datas habituais e, como non pode ser doutra forma, o mesmo espazo no que ao redor de 15.000 persoas danse cita anualmente na Feira das Industrias Culturais. Unha décimo segunda edición da Culturgal para facer da cidade de Pontevedra un lugar de encontro confortable, eficiente e novedoso con centos de liñas cruzadas entre públicos, expositores, creación, difusión, institucións, participación, venda, distribución, formación...