O recinto

A cidade de Pontevedra é desde 2010 sede do Culturgal, que atopou neste concello unha magnífica resposta institucional así como unha adhesión entusiasta das veciñas e veciños da cidade. O Pazo da Cultura de Pontevedra atópase na rúa de Alexandre Bóveda, a escasos dez minutos do centro urbano e perfectamente comunicado coas principais vías de entrada. Ten un amplo aparcadoiro con capacidade para 1.300 automóbiles.

O recinto feiral no que se monta Culturgal ten unha superficie de 4.875 metros cadrados e dispón de dúas entradas, catro saídas de emerxencia e dúas portas de acceso rodado cun tamaño suficiente para o tránsito de grandes camións. Así mesmo o Auditorio do Pazo, con capacidade para 752 persoas, é un espazo idó neo para a programación de concertos dentro das actividades da Feira. Desde 2017 a Feira sumou mil metros cadrados máis coa incorporación da sala de exposicións do Pazo da Cultura como Espazo de Arte Contemporánea. O Pazo tamén pon a disposición do Culturgal outros espazos como o salón de actos e os seminarios para reunións ou actividades profesionais 

 

A cita con culturgal

Culturgal celébrase os días 29 de novembro a 1 de decembro de 2019 no Pazo da Cultura de Pontevedra. Nas datas habituais e, como non pode ser doutra forma, o mesmo espazo no que ao redor de 15.000 persoas danse cita anualmente na Feira das Industrias Culturais. Unha décimo segunda edición da Culturgal para facer da cidade de Pontevedra un lugar de encontro confortable, eficiente e novedoso con centos de liñas cruzadas entre públicos, expositores, creación, difusión, institucións, participación, venda, distribución, formación...