Novas

Xa podes mercar as entradas Culturgal 2018 e…vir en autobús!

7 Novembro 2018

Do 30 de novembro ao 2 de decembro celébrase en Pontevedra a cita anual da cultura feita en Galicia. Culturgal, que chega a súa décimo primeira edición, enche todo o recinto do Pazo da Cultura de Pontevedra de expositores e actividades. Unha cita ideal para coñecer todo o que virá en libro, cine, teatro ou música e, por que non, para adiantar as compras dos presentes navideños. 

Victor López, de Eganet, preside Culturgal 2018

5 Novembro 2018

A xunta directiva de Culturgal nomeou a Víctor López, representante de Eganet (Asociación de Empresas Galegadas dedicadas á Internet), como presidente provisorio de Culturgal. Víctor López substitúe ao editor Xulio Amigo, que tivo que renunciar ás tarefas de presidencia de Culturgal por motivos persoais. A principios de 2019, unha vez rematada a décimo primeira edición de Culturgal, a xunta directiva reunirase, ademais de para facer balance da Feira, para abordar a presidencia dos vindeiros dous anos. A 11ª Culturgal Feira das Industrias Culturais celébrase do 30 de novembro ao 2 de decembro no Pazo da Cultura de Pontevedra.

Entradas á venda para o concerto de Carlos Núñez na Culturgal 2018

27 Setembro 2018

Carlos Núñez regresa a casa este ano nunha xira única dende mediados de novembro ata principios de abril pasando polos principais escenarios. O sábado 1 de decembro ás 21:30h, dentro da programación de Culturgal 2018, concerto especial no Auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra. As entradas xa están á venda aquí a través da plataforma ticketea.

Culturgal 2018 abre concursos de iluminación e son e montaxe

12 Setembro 2018

Dúas convocatorias, unha para montaxe da Feira e outra para iluminación e son, con data límite do 12 de outubro de 2018. Son as que vén de lanzar a organización de Culturgal 2018 dirixidas a empresas asociadas. “De acordo co noso forte compromiso co asociacionismo empresarial, a convocatoria está restrinxida exclusivamente a empresas que formen parte dalgunha das seguintes organizacións gremiais: AGE, AGEM, Escena Galega, AGAPI, EGANET e AGASE”, sinálase na convocatoria. A décimo primeira edición de Culturgal terá lugar do 30 de novembro ao 2 de decembro no Pazo da Cultura de Pontevedra. En ambos casos, montaxe, e iluminación e son, valórase a experiencia en eventos similares e especialmente como provedoras de servizos para Culturgal no Pazo da Cultura de Pontevedra.

Ti levas o compás na Culturgal: abertas convocatorias para stands e programación 2018

9 Xullo 2018

Culturgal preséntase no verán para a abrir as convocatorias da Feira e adiantar liñas de traballo e espectáculos especiais para este ano 2018. A décimo primeira edición celebrarase os días 30 de novembro e 1 e 2 de decembro no Pazo da Cultura de Pontevedra. “Ti levás o compás”, o lema deste ano, quere outorgarlle o protagonismo da Feira ao público, que é a razón do éxito da Culturgal ao longo do tempo. Ofrecer, no percorrido polos stands e pola programación, o mellor da cultura galega, o obxectivo.