Novas

Almorzo, merenda e petiscos na Culturgal 2018

22 Novembro 2018

Variado, ben de prezo, fresco, ecolóxico e flexible -co mesmo horario de funcionamento da Feira-presentámosvos o novo espazo gastro de Culturgal. Para comer, beber e descansar entre actividade e actividade, compartindo mesa, comversa e alimento. Catro restaurantes, catro opcións para almorzar, xantar ou simplemente rillar na Culturgal 2018. Se padeces algunha intolerancia, consulta cos restaurantes, seguro que teñen opción para ti.

O venres 30 de novembro traballas na Culturgal 2018

21 Novembro 2018

Si, porque non é exactamente un día libre, tampouco un de traballo ao uso. Poderíamos dicir que se operas na cultura, o venres 30 de novembro é unha xornada para o encontro, formación e información. Culturgal non só é unha feira para o público, senón tamén para todas aquelas persoas que participan na promoción, produción, xestión, difusión, etc, da actividade cultural. Un sector que supón ao redor do 2% do PIB de Galicia. O venres 30, na Feira, xornadas, reunións, sesións informativas, convocatorias, asembleas, balances, presentacións de investigacións, premios e, sobre todo, a oportunidade -anual, é verdade- de atopármonos.

Culturgal 2018: unha casa de 3 días para autoras e autores

19 Novembro 2018

O libro é protagonista en Culturgal e nesta décimo primeira edición a Feira encherase de escritoras, escritores, premios, sinaturas, conversas, editores, tradutoras, mestres da ilustración, librarías, bibliotecas, libros artísticos, etc. A festa do libro celébrase en Pontevedra do 30 de novembro ao 2 de decembro. As diferentes editoriais presentaron unha chea de propostas literarias que ofrecen ao público unha ampla visión do libro feito en Galicia e permiten un contacto directo con autoras e autores. Moi pronto todos os horarios en www.cultur.gal

Xa está aquí o programa infantil e familiar de Culturgal 2018!

14 Novembro 2018

Culturgal Feira das Industrias Culturais, do 30 de novembro ao 2 de decembro de 2018 no Pazo da Cultura de Pontevedra, é unha cita especial para nenas e nenos. A rapazada é público protagonista na Feira, asistindo a estreas e gozando das novidades. O programa da 11ª Culturgal reserva grandes sorpresas: moita música, teatro, danza, libros, arte e ciencia. Ademais, novas opcións para almorzar ou merendar, co mesmo horario da Feira, e visitas teatralizadas con Barafunda Animación o venres 30 pola mañá. Os centros escolares interesados poden solicitalas a info@culturgal.com. Prazas limitadas.

Vota Premio do Público 2018: Casa de Rosalía, Chanfaina’Lab e Rede Cultural da Deputación da Coruña

9 Novembro 2018

Casa de Rosalía, Chanfaina Lab e Rede Cultural da Deputación da Coruña. Esas tres son as candidaturas que participan na votación para o Premio do Público Culturgal 2018. As asociacións gremiais que forman parte de Culturgal escolleron estas tres iniciativas polas que o público da Feira nas redes ten que se decidir. Valóranse, como é habitual, aquelas propostas novidosas, con proxección de futuro, transversais e asociativas, que se relacionen directamente coa sociedade civil e fomenten a súa implicación. A partir do venres 9 de novembro, o público xa pode votar en liña.