Novas

Os stands da Culturgal 2018

26 Novembro 2018

Mentres preparamos todo o plano detallado para a web, aquí podes consultar a relación de expositores de Culturgal 2018, do 30 de novembro ao 2 de decembro no Pazo da Cultura de Pontevedra

Descarga todo o programa Culturgal 2018

26 Novembro 2018

Unha Feira máis fresca e innovadora pensada para un público amplo. A 11ª Culturgal, que se celebra do 30 de novembro ao 2 de decembro, presentou o seu programa completo o venres 23 no Pazo da Cultura de Pontevedra con presenza dos seus patrocinadores. 

Culturgal 2018 é unha carpa chea de música

26 Novembro 2018

A banda sonora de Culturgal 2018 recolle estilos moi diferentes e, o que é moi relevante para a Feira, varias presentacións de traballos discográficos. Estamos moi contentos de acoller estes lanzamentos: Barahúnda, Pablo Castaño Quartet, Mielitza, NAO, Factoría de Susbsistencia, Pablo Sanmamed, Vudú e Brais Morán presentan os seus novos traballos en formato showcase.Canción de autor, jazz, folk, rock-metal, tradición, poesía musical e até os novísimos valores do concurso Quero cantar, promovido pola Deputación da Coruña, encherán a carpa dos sons de Culturgal 2018 do 30 de novembro ao 2 de decembro.

A Casa de Rosalía, gañadora do Premio do Público Culturgal 2018

24 Novembro 2018

Pechábanse as votacións na medianoite do venres 23 de novembro e os votos falaron. A Casa de Rosalía (Padrón), con 444 votos, resultou ser o Premio do Público Culturgal 2018, fronte ás candidaturas de Chanfaina’Lab (341 votos) e Rede Cultural da Deputación de Cultura (403). Case 1.200 persoas participaron na votación online. O domingo 2 de decembro celebrarémolo co acto de entrega na Feira, ás 18:45 no Pazo da Cultura de Pontevedra.

Unha Feira máis cómoda e satisfactoria para o público

23 Novembro 2018

Unha Feira máis fresca e innovadora pensada para un público amplo. A 11ª Culturgal, que se celebra do 30 de novembro ao 2 de decembro, presentou o seu programa completo o venres 23 no Pazo da Cultura de Pontevedra con presenza dos seus patrocinadores.