Novas

As entradas Culturgal 2019 en Pontevedra xa están á venda; tamén en autobús!

17 Outubro 2019
As entradas Culturgal 2019 en Pontevedra xa están á venda; tamén en autobús!

Desde xa podes mercar as túas entradas para a décimo segunda edición de Culturgal (Pazo da Cultura de Pontevedra, 29 novembro-1 decembro) en www.ataquilla.com. En 2019, por segundo ano consecutivo, podes viaxar con autobús e entrada o sábado 30 desde Ourense, Lugo, Santiago de Compostela, Ferrol e A Coruña.Tres días para unha cita na que coñecer todo o que virá en libro, cine, teatro ou música e, por que non, para adiantar as compras dos presentes navideños. Máis de 80 stands e máis de 120 actividades durante 3 días congregan anualmente a milleiros de persoas ás que convida en 2019 a darlle unha volta á Feira.

A Feira conta con varias áreas e escenarios nos que se desenvolve a programación: a Carpa para os directos de música, o Espazo Libro no que conversas, debates, sinaturas e presentacións danlle protagonismo á produción literaria, o Escenario Familiar dedicado ao público máis novo cunha ducia de espectáculos durante os tres días, o espazo Cinema ou o Foro, un espazo heteroxéneo que o venres se centra en programación dirixida a profesionais da cultura. Adermais, o Espazo de Arte Contemporánea, que ocupará a Sala de Exposicións do Pazo da Cultura de Pontevedra, suma perto de mil metros cadrados máis á superficie habitual da Feira, aos máis de catro mil oitocentos metros cadrados do recinto feiral pontevedrés.

TIPOS DE ENTRADAS CULTURGAL E PREZOS*

  • Entradas en ataquilla.com
  • Entrada persoa adulta 3€
  • Entrada. Infantil 2€ (até 14 incluídos, de 0 a 3 de balde)
  • Bono 3 días adulta 5€
  • Bono 3 días infantil 3€
  • Entrada en billeteira física e venda telefónica 902 504 500 (de 8 a 22 horas)
  • Pack familiar 2 adultos+3 infantil. 10 euros.
  • Pack familiar 2 adultos+4 infantil. 11 euros
  • Entrada Grupos. Mínimo 10 persoas. 2€ persoa
  • *A venda anticipada ten gastos de xestión.

CULTURGAL EN AUTOBÚS

 Queremos que veñas comodamente a Culturgal vivas onde vivas. En 2019, cinco cidades, cinco puntos de saída e retorno en autobús. Porque non queremos que quedes sen vir. Porque Culturgal é a Feira da cultura feita en toda Galicia. Si, desde Ferrol, A Coruña, Santiago, Lugo e Ourense, tes un pack de viaxe máis entrada á Feira. Saídas o sábado 30 de novembro ás 10.00 h e regreso ás 20:00. As prazas son limitadas.

Entrada + Autobús. Só para sábado 30 de novembro**

Saída ás 10.00 h das localidades con regreso ás 20.00 h

  • Ferrol. 14€
  • Coruña. 14€
  • Santiago. 12€
  • Lugo. 14€
  • Ourense. 12€

**Máis gastos de xestión

Marful ao vivo con Sabela (OT), espectáculo especial Culturgal 2019

Tras seis anos fóra dos escenarios, o grupo Marful reúnese na Culturgal 2019 e as entradas xa están á venda en ataquilla.com. O vindeiro 30 de novembro Marcos Teira, Pedro Pascual, Pablo Pascual e Ugia Pedreira reencontraranse no palco. Fano como o fan as parellas separadas de mutuo acordo: para darse uns últimos aloumiños, xogando co presente, cos recordos, contándose as aprendizaxes, as vivencias destes anos de divorcio “bienavenido”. O (re)encontro gozoso será dentro da programación do Culturgal, Feira Galega das Industrias Culturais, no Pazo da Cultura de Pontevedra. Como convidada especial terán á interprete Sabela Ramil, que recolleu un dos temas marfulianos para a súa final en Operación Triunfo. Marful tamén contará cos músicos colaboradores do seu último disco “Manual de Seducion”: José Manuel Díaz ao contrabaixo e Leandro Deltell á batería. A escenografía e asistencia escénica corre a cargo da coreógrafa galega de longo curriculo europeo, Mercé de Rande. No son o seu técnico habitual, José Trincado, e nas luces o mago Alberto Casas.