Como chegar

En coche

O Pazo da Cultura de Pontevedra atópase na rúa de Alexandre Bóveda, a escasos dez minutos do centro urbano e perfectamente comunicado coas principais vías de entrada. Ten un amplo aparcadoiro con capacidade para 1.300 automóbiles, polo que o acceso en coche é cómodo e sinxelo. Tanto desde Vigo como desde Santiago ou A Coruña, hai que tomar a saída 129 da AP-9 (Pontevedra Norte) e seguir as indicacións cara á estrada PO-531. Unha vez na PO-531, hai que xirar á esquerda cara á Avenida de Domingo Fontán, tomar a segunda saída na rotonda en dirección Rúa de Juan Manuel Pintos e, de novo, a segunda saída na rotonda cara á N-550. Encontraredes entón o Pazo da Cultura.

En bus

Queremos que veñas comodamente a Culturgal vivas onde vivas. En 2019, cinco cidades, cinco puntos de saída e retorno en autobús. Porque non queremos que quedes sen vir. Porque Culturgal é a Feira da cultura feita en toda Galicia. Si, desde Ferrol, A Coruña, Santiago, Lugo e Ourense , tes un pack de viaxe máis entrada á Feira. Saídas o sábado 30 de novembro ás 10.00 h e regreso ao peche da feira. As prazas son limitadas.

Entrada + Autobús. Só para sábado 30 de novembro.

Saída ás 10.00 h das localidades con regreso ás 20.00 h

Ferrol. 14€

Coruña. 14€

Santiago. Estación de Autobuses 12€

Lugo. 14€

Ourense. 12€

Os autocares da empresa Monbus chegan a Pontevedra desde distintos puntos de Galicia. Podes consultar horarios e frecuencias na web www.monbus.es ou chamar ao teléfono de atención ao viaxeiro desta compañía 902 292 900.

En tren

O tren é o medio ideal para achegarse a Pontevedra desde cidades próximas como Vigo, pero tamén desde A Coruña, Santiago ou Vilagarcía. Podes consultar horarios e frecuencias en www.renfe.es ou chamar ao teléfono de información ao viaxeiro da compañía ferroviaria: 902 320 320 ou ao de venda por internet 902 109 420.

Na cidade

Pontevedra é unha cidade para camiñar, sen grandes costas e cunha ampla área urbana peonalizada. Tamén é un pracer percorrela en bici, pola súa orografía e pola promoción que se fai do seu uso neste concello http://www.pontevedra.eu/bici/. Pero entendemos que podes ter cansanzo, problemas de mobilidade ou simplemente dispor de pouco tempo. Nese caso debes saber que Pontevedra conta cunha rede de autobuses urbanos que opera a empresa Grupo As Rías www.grupoasrias.com e que as liñas 2 e 5 van deixarte preto do Pazo da Cultura. Se precisas un taxi podes chamar ao 986 868 585.

A cita con culturgal

Culturgal celébrase os días 29 de novembro a 1 de decembro de 2019 no Pazo da Cultura de Pontevedra. Nas datas habituais e, como non pode ser doutra forma, o mesmo espazo no que ao redor de 15.000 persoas danse cita anualmente na Feira das Industrias Culturais. Unha décimo segunda edición da Culturgal para facer da cidade de Pontevedra un lugar de encontro confortable, eficiente e novedoso con centos de liñas cruzadas entre públicos, expositores, creación, difusión, institucións, participación, venda, distribución, formación...